{"id":11341,"date":"2021-01-29T10:50:59","date_gmt":"2021-01-29T08:50:59","guid":{"rendered":"https:\/\/mugardos.gal\/?p=11341"},"modified":"2021-01-29T10:51:23","modified_gmt":"2021-01-29T08:51:23","slug":"a-concelleria-de-participacion-segue-a-traballar-na-modernizacion-e-a-transparencia-da-actividade-municipal","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mugardos.stgo.dev\/es\/a-concelleria-de-participacion-segue-a-traballar-na-modernizacion-e-a-transparencia-da-actividade-municipal\/","title":{"rendered":"A CONCELLER\u00cdA DE PARTICIPACI\u00d3N SEGUE A TRABALLAR NA MODERNIZACI\u00d3N E A TRANSPARENCIA DA ACTIVIDADE MUNICIPAL"},"content":{"rendered":"
A Conceller\u00eda de Participaci\u00f3n dirixida por Miguel Mah\u00eda confirmou hoxe que nas pr\u00f3ximas semanas implementarase a celebraci\u00f3n telem\u00e1tica de todas as sesi\u00f3ns municipais de comisi\u00f3ns informativas, comisi\u00f3n especial de contas, Xuntas de Goberno Local e Xuntas de Voceiros.<\/p>\n
Adem\u00e1is, o goberno municipal v\u00e9n de p\u00f3r en marcha unha nova ferramenta para que a veci\u00f1anza te\u00f1a acceso \u00e1 informaci\u00f3n municipal na que pode visualizarse a celebraci\u00f3n das sesi\u00f3ns plenarias a trav\u00e9s de calquera terminal con acceso a internet. Desde esta plataforma, os usuarios poder\u00e1n acceder \u00e1 sesi\u00f3n plenaria en v\u00eddeo e audio, e dirixirse directamente aos puntos do pleno que m\u00e1is interese te\u00f1an ou \u00e1s votaci\u00f3ns. Pode accederse na seguinte ligaz\u00f3n: http:\/\/actasesionesdigital.smartis.es\/mugardos\/visor.aspx?id=1.<\/p>\n
Mah\u00eda fai unha valoraci\u00f3n positiva do traballo realizado nos \u00faltimos meses desde o departamento de participaci\u00f3n \u201cRecibimos opini\u00f3ns moi positivas dos cambios realizados: plenos telem\u00e1ticos, nova web oficial, revitalizaci\u00f3n do Facebook municipal, posta en marcha do \u201cMugardos en Li\u00f1a\u201d, etc. Foron moitas as novidades e o balance \u00e9 moi positivo\u201d.<\/p>\n
En concreto, o concelleiro quixo destacar o servizo Mugardos en Li\u00f1a, do que informou que na actualidade disp\u00f3n de m\u00e1is de 750 usuarios e usuarias activos, e que revolucionou a forma de comunicarse entre a administraci\u00f3n local e a veci\u00f1anza, de xeito \u00e1xil e directo \u201cCalquera pode informar dunha avar\u00eda no alumeado ou do dep\u00f3sito de enseres desde o seu tel\u00e9fono a calquera hora do d\u00eda, calquera d\u00eda do ano, xa non hai barreiras\u201d.<\/p>\n
\u201cEn resumo, implementamos medidas de informaci\u00f3n directa, m\u00faltiples canles de acceso \u00e1 informaci\u00f3n e m\u00e1is transparencia. Pero seguimos traballando: queremos aumentar o uso da sede electr\u00f3nica municipal, que permite non ter que desprazarse ao concello para a realizaci\u00f3n de tramitaci\u00f3ns oficiais, as\u00ed como a pasarela de pagos de recibos e licenzas directamente desde a web municipal\u201d rematou Miguel Mah\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"
A Conceller\u00eda de Participaci\u00f3n dirixida por Miguel Mah\u00eda confirmou hoxe que nas pr\u00f3ximas semanas implementarase a celebraci\u00f3n telem\u00e1tica de todas as sesi\u00f3ns municipais de comisi\u00f3ns informativas, comisi\u00f3n especial de contas, Xuntas de Goberno Local e Xuntas de Voceiros. Adem\u00e1is, o goberno municipal v\u00e9n de p\u00f3r en marcha unha nova ferramenta para que a veci\u00f1anza te\u00f1a […]<\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":244,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[12,37],"tags":[],"yoast_head":"\n